Presentación del libro por Fernando Varela Caride, Vogal do Tribunal Galego de Defensa da Competencia, en el Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela
O Club presenta hoxe un libro cheo de interese e actualidade, que pon sobre a mesa unha interrogante de máximo relevo para todos nós: ¿cómo é posible que a Unión Europea, con todo o seu poder económico e financeiro permita e mesmo incentive coas súas políticas a existencia de múltiples centros financeiros extraterritoriais, chamados offshore, que manteñen un nivel impositivo nulo ou moi baixo, ata o punto de se consideraren auténticos paraísos fiscais, con todos os prexuízos económicos, políticos e sociais que ocasionan?.
O libro de Juan H. Vigueras responde con tino a esta pregunta e pon en claro as graves consecuencias que se ocasionan cando se ultrapasan os límites razoables da liberdade de movementos de capital e non se actúa con contundencia fronte aos abusos dun sistema financeiro excesivamente desregulado e sen supervisión prudencial a nivel agregado europeo.
Obviamente, os centros financeiros offshore poden cumprir certas funcións positivas para o sistema financeiro internacional, tales como a maior axilidade operativa, a posibilidade de acceder de xeito concentrado a mercados financeiros sofisticados propicios para captación de pasivo de empresas e institucións públicas e privadas, ou facilitar, dentro da legalidade, unha xestión fiscal máis eficiente, entre outras. Mais o cerne da cuestión é en qué medida eses efectos positivos, recoñecidos por moitos, se ven amplamente superados polos graves prexuízos que ocasionan.
Entre os principais efectos negativos dos paraísos fiscais e dos centros financeiros offshore, entre os que figuran de modo destacado os que están ligados aos países da Unión Europea ou son socios estables da mesma, cabe mencionar:
-O lavado de diñeiro de actividades criminais, tales como o narcotráfico, a corrupción política ou a venda de armas.
-O financiamento do terrorismo, e, particularmente importante,
-A evasión e a fraude fiscal.
O autor, que analiza no seu libro todos estes aspectos de modo pormenorizado, chega a conclusión fundamentada de que a persistencia e mantemento destes paraísos fiscais supón unha ameaza certa para as democracias europeas e está minando o estado do benestar, que está na base do sistema social de mercado prevalente na Unión Europea.
Pero, alén diso, aínda hai outra razón de peso para combater estas prácticas financeiras internacionais que agora adquiriu a súa verdadeira dimensión, con consecuencias directas e claras para todos os cidadáns europeos e do mundo. Trátase da crise financeira internacional que está levando aos sistemas financeiros de todos os países do mundo a unha situación próxima ao colapso.
Con grande agudeza e mesmo con clarividencia, Juan H. Vigueras soubo ver no comezo desta crise, no momento en que se escribiu este libro, as conexións existentes entre a crise das hipotecas subprime en EEUU e os paraísos fiscais, eses centros financeiros onde se radican moitos dos instrumentos financeiros que se utilizan para comprar e vender os activos tóxicos, mediante complexas operacións de enxeñería financeira, que son, en grande medida, os causantes dos problemas que hoxe sofre a economía mundial.
O libro de Juan H. Vigueras non só plantea con claridade estas cuestións centrais para o debate actual sobre a situación económica internacional, e ofrece respostas valentes e ben fundamentadas quen os permiten avanzar cara unha solución a eses graves problemas, senón que tamén ilustra os seus razoamentos con variados exemplos tomados da realidade inmediata, sobre operacións e escándalos financeiros froito da corrupción ou a ambición excesiva, moitas veces dificilmente comprensibles para o publico non especializado, mais que na súa pluma resultan perfectamente explicados.
O libro incorpora ademais unha descrición erudita e amena dos centros financeiros offshore e dos paraísos fiscais ligados á Unión Europea ou que manteñen unha estreita relación con ela, como é o caso de Suíza, Andorra, Liechtenstein ou San Marino, entre eles. Esta parte do libro non só resulta de agradable lectura, senón que conforma un corpo informativo ben documentado que pode servir de consulta tanto para o público xeral como para os especialistas na materia.
En definitiva, trátase dun libro recomendable polo seu tratamento sistemático dunha realidade que ten grandes e graves consecuencias económicas, sociais e políticas na vida diaria de todos nós. Un libro que plantea un debate urxente e necesario sobre un problema que esixe un tratamento serio e decidido por parte de todos e particularmente por aqueles que teñen responsabilidades políticas e de goberno.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2008

No hay comentarios:
Publicar un comentario